Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacado:

Entrevistado por Gonzalo Lozano

Por Anxo Dafonte Prégoche que antes de dárlle ó "plei" no seguinte vídeo, leas o que che teño que dicir e que deas prioridade a velo na web do entrevistador, antes que aquí. É un xeito máis de amosarlle-lo teu apoio a un creador de contido. Gonzalo Lozano , do que xa vos falei nesta outra publicación, lanzou un novo Podcast co que quixo contar comigo. Daquela eu coidaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou eu que sei! calquera cousa desas das que me gusta falar cando nos liamos coa leria fotográfica. Pero desta volta tiñame preparada unha sorpresiña, quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ve-la Fotografía, de sentila, coñecer máis ó que hai tra-los meus lentes que o que acontece diante. Así que velaí vos deixo a entrevista que me fixo  que vos recomendo visitar desde a súa propia Web e por suposto non sen lembrarvos dúas cousas: 1⁰ - Apoia o seu Podcast a través do botón que hai na súa Web e

Publicacións máis recentes

De tixeiras e bicicletas

O destino dunha foto con FreePrints

Alá onde mires pódense agochar sorpresiñas

A calima que trocou a paisaxe

Unha tarde de fotos na Coruña

Casualidades ou intuición

Na Proa

Solpor de Entroido en Raxoi

Unha froita con moito amor

Un zume ás Torres Hejduk