Café con choiva


Un chega a acostumarse a todo, incluso a almorzar nos peores lugares... ó que non me dou acostumado é a pedir un café longo cortado e que che poñan un café con leite dobre en vaso (!?) Falta profesionalización na hostalería e a sorte é que coma tamén me gusta non lles protesto, aínda que a factura sexa máis elevada, por suposto. Pero o que me amola máis co feito de non entender o pedido é o do vaso... en vaso? café en vaso??? o café debe ser sempre en vaixela cónica!!! o resto é coma tomar viño con queixo!

Queredes saber como estaba??? Bon, penso, logo dunha noite en certos lugares calquera cousa sabe ben aínda que acabases de limpar os dentes!! 😉

A foto fíxena co móbil porque gustábame moito o reflexo e o fermosa que quedaba a chuvia batendo no chan do patio interior e esas gotas esvarando polo cristal dos grandes ventanais.

Diante de min había un posto o de se depositan as bandexas de recollida e cada vez que un camareiro pasaba por alí reflectíase tamén e era precisamente o que máis me chamaba na escena. Agardei paciente a telo na posición onde quería e obturei unha única vez. Así é coma me gusta fotografar, a unha única obturación porque dáme a impresión de pasar así máis desapercibido e polo tanto non altero a escena.

O contraste cromático pareceume tamén interesante e cun estilo moi cinematográfico que por suposto, potenciei un chisco no procesado da imaxe, ao que pouco lle tiven que facer.

Pra destacar os reflexos e as cores tendín á subexposición, é se callar algo que marca en parte á miña fotografía. Pra elo recomendo, non caso de procesar, facelo ó revés durante a exposición e non perder información ó recoller un escenario máis luminoso.

Querer facelo nunha obturación aumenta a posibilidade de erro e ese meu modus operandi fixo que no momento do procesado me decatase que tiña luces queimadas na parte inferior do reflexo, baixo a cadeira, onde o que vemos sexa probabelmente unha luminaria do local.

Datos EXIF:
Oppo Find X3 Neo 5G
ISO 539; 5,59mm (23,5mm eq.); f1.8; 1/33s

Comentarios

Publicacións populares