Como pican as libélulas


Anisoptera

A natureza é moi sabia e non da puntada sen fío. Crea especies que serven de inspiración ós seres humanos na súa evolución tecnolóxica.

Coas ás listas pra engalar

O que máis me chama a atención das libélulas é o seu tremendo parecido cos avións xa que as súas ás sempre están despregadas e listas pra engalar. Son unha gran obra de enxeñería aeronáutica da natureza.

Atópanse xeralmente preto de zonas acuáticas e son grandes depredadoras aínda que non hai que preocuparse pois non pican ós humanos e porén podemos estarlles moi agradecidos polo servizo que nos fan controlando poboacións de insectos coma mosquitos cuxas picaduras, ademais de molestas, si poden chegar a transmitirmos doenzas moi importantes.

Confúndense moitas veces coas señoriñas ou cos cabaliños do demo (Zygoptera) que si poden pregar as súas ás ó longo do abdome cando descansan ou se pousan nalgún lugar.

A picadura dunha libélula

Coma che contaba, a libélula non ataca ó ser humano, pero no caso de que se sinta moi ameazada podería tentar usar a súa picadura coma defensa propia se considera que a súa vida pode estar en serio perigo. O instinto de supervivencia é algo que incluso os humanos levamos no noso ADN e que nos pode axudar a facer cousas realmente extraordinarias e dignas de superheroes.

Pois ben, as libélulas con tamaños normais nin sequera poderían atravesar a pel humana chegado o caso e polo tanto teño que insistir en que non debes preocuparte por elo. Con todo, se o exemplar é moi grande podería ter algo de éxito e entón simplemente notarás algo de dor pero non contén veleno que poida en todo caso afectarnos negativamente.



Comentarios

Publicacións populares