Esta noite veñen os Reis

A min iso de que tres homes se metan na miña casa ás agochadas, e que ademais veñan acompañados dun bo séquito, animais de monta, etc., paréceme coma pouco terrorífico... e seica esta noite non podemos estar espertos porque con todo non debemos velos!

Non é por nada, pero poucos contos de medo superan a historia destes tres tipos que ademais de pertencer á realeza aseguraban ter poderes máxicos.

A fotografía está feita cun Oppo Find X3 Neo 5G e procesada con Adobe Photoshop Mobile.

Ese efecto que tanto impacta foi dado pola distorsión que produce a lente ultra angular do teléfono que ven equivalendo a uns 8,5mm de focal nun sensor Full Frame. Terás que poñer moito coidado no cadro e tamén nas horizontais que terás que ir regulando picando un pouco o móbil. Deste xeito, a pesar das deformacións do lente, conservarás un pouco de realismo nunha escena de por si tan fantástica.

Comentarios

Publicacións populares