Expulsado da escola!


Tiña que andar preto do medio século de vello pra que chegase ese preciso intre no que me expulsasen do colexio.

Fotografía: Makiko Suzuki, 2019

Tardei un día en deixar esta recesión pra poder escribila un pouco máis frío de ánimo e o máis concisa posíbel. Pero resulta que a molestia non se me vai.

Son un afeccionado que inviste máis en formación ca equipo. Un tipo que valora ós creadores de contido e ós dereitos de autor e propiedade intelectual.

Non pirateo nin gorroneo aproveitando promocións de proba. Formación fotográfica en liña a través de cursos por Internet aínda che gasto uns cantos.

Pero ás veces teño que pausar algunha temporalmente pra axustar orzamento.

Esta crítica podería ser doutro xeito pero resulta que o protagonista non debeu estar moi dacordo e voume quedar só co final.

Pois resulta que formaba parte do alumnado de Studio Lightroom, tamén coñecido coma Aprender Fotografía Online onde a oferta formativa vai dirixida polo fotógrafo retratista e especialista en fotografía de moda Pere Larrégula en colaboración con Fran Valverde e tiña pagada a miña suscrición até mañá incluído, é dicir, tocaba renovar o día 14 coma tódolos meses.

Pero por causas de axuste económico decidín solicitar a baixa da membresía o día 11 de madrugada tendo en mente retomala nun ou dous meses.

Pero resultou que onte día 11 xa non puiden entrar na miña conta, xa se me tiña dado de baixa.

Iso non se fai!!

E de feito non cho fan nin os Netflix, HBO, Spotify... nin sequera as compañías proveedoras de servizos de telecomunicacións co ratas que son!!!

Pareceume algo incríbel e dou grazas de non ter solicitado baixa o día 1 ou peor aínda... o 15 de decembro pois está claro que pagaría un mes enteiro pra gozar dun único día.

Así que aviso a navegantes!

Coidado se vos dades de alta nesa academia porque non parecen levar moi ben iso de que te vaias.

Unha oferta formativa que presumiu desde os seus inicios de ser "o Netflix da fotografía"... pois mal, Sr. Larrégula, moi mal! Netflix xamais faría algo igual, tan cutre e "agarrao".

Así e todo, pareceume a típica resposta de "ti non te vas, bótote eu!" e supoño que con esta acción podo tomarme a cousa coma a primeira vez que me expulsan do colexio

Que lles vaia ben, meus queridiños!... o que hai dous días pensaba que ía ser un deica logo pois remata sendo un adeus definitivo.


Comentarios

Publicacións populares