O devorador de alfombras

Por Anxo Dafonte

 Anthronus Verbasci

Os anthrenus pertencen á familia dos coleópteros e son coñecidos normalmente coma escarabellos das alfombras.

As súas antenas rematan en forma de bóla, máis grande no caso dos machos e presenta uns debuxos tan chamativos coma atractivos.

Trátase dunha especie moi estendida xeográficamente e a podes atopar por practicamente todo o mundo, pero iso non a converte nalgo a temer pois a meirande parte delas son totalmente inofensivas. Porén, as que representan algún perigo acostuman ser bastante dañinas, coma no caso do noso suxeito.
Ademais do nome do escarabello das alfombras tamén é coñecido coma escarabello dos museos.

Este insecto aliméntase doutros pero non cazándoos senon que compórtase máis ben coma carroñeiro, o que o converte nunha perigosa praga que pode causar danos na meirande parte dos museos que garden coleccións de tipo etimolóxico.


Nos nosos fogares tamén pode producir danos importantes se dan con fibras de tipo orgánico que levarse ó papo, coma poden ser o coiro (que tamén atopará na tapa dalgúns libros), a la e calquera outra prenda confeccionada con tecido orgánico.

A súa reprodución dáse só unha vez ó ano, a finais da primavera, pero as postas dunha soa femia poden proporcionar entre vinte e cen ovos polo que non sofren de moitos problemas de conservación da especie nin de colonización.

Ó non afectarlles moito a humidade relativa, lévanse bastante ben cos interiores.

A sesión fotográfica

Prá sesión con este exemplar que atopei procurando o alimento nunhas cortinas sintéticas comecei expoñendo con luz natural que lle chegaba a contraluz e que eu reflectía nun pequeno espelliño e rebotaba tamén nun pequeno anaco de cartón pruma de cor branca.

Ó non poder acadar a claridade que desexaba pra resaltar as súas cores tomei a decisión de continuar co flash, algo que en realidade non me gusta moito cando trato con seres vivos que non dan o seu consentimento pra ser fotografados.

En todo momento fotografei a man alzada pois colocar un trípode nesa zona non me resultaba nada práctico.

Ó usar tubos de extensión tamén reducimos moito a profundidade de campo e con exemplares vivos e que poden moverse moi rápido prefiro traballar a pulso porque iso permíteme reaccionar con maior eficacia á hora de recupera-lo punto de foco.

Cando pasei á sesión con flash optei primeiro por colocar unha extensión que eu mesmo fabriquei cun tubo de patacas fritas industriais e unha vez obtido o detalle do insecto o coloquei nunha posición máis nadir pra poder recoller mellor a textura do terreo e o volume do insecto.

Comentarios

Publicacións populares