Panorámica nocturna co móbil


Onte pola tarde andivemos polo Gaiás pra dar un paseíño pola lagoa e gozar da compaña dos patiños e da lúa chea.

Sabía que o meu Oppo Find X3 Neo 5G pode facer fotografías moi decentes pola noite se o estabilizabas correctamente, coma demostran as imaxes sen post-produción que vos deixo nesta publicación.

Nelas pódense distinguir incluso as estrelas. No que non as tiña totalmente comigo é no resultado que se podería obter coa función panorámica coma a que teñen todos os teléfonos móbiles nas que vas xirando e recollendo cun ritmo uniforme a imaxe mentres se compón diante dos teus ollos.

Usei un trípode pra xirar o móbil e ter unha toma o máis aproveitábel posíbel. Logo correxín as distorsións e recortei con Adobe Lightroom Mobile. Existen trípodes portábeis que podes levar contigo xunto co teléfono pra estos casos, debes procurar un que che permita xiralo con facilidade e sen tropezos.

Comentarios

Publicacións populares