Paporroibo


Hai uns aniños xa desta foto pero por casualidade hoxe Google trouxoma de volta nesas lembranzas que ás veces fai das imaxes que  capturas en anos anteriores.

Este ano coido vai ser algo distinto porque penso que levo un par de anos coma que perdendo o tempo.

Dous anos onde dínme a ver un chisquiño nas Redes Sociais, do que xa vos falarei noutra publicación máis adiante, porque este 2022 penso enfocalo dun xeito distinto. 

Aquí ireivos contando as miñas inquedanzas e novidades... tamén certas sorpresas que me están a vir á cabeza e que serán só pra quenes andedes por aquí, pola miña casiña e non polas de prestado. Sorpresas que vos gustarán, estou seguro!!

Polo de agora e xa que Google Fotos axudoume a lembrala, velaí a primeira foto de paxareo que me deu por facer... un paporrubio coma non podía ser doutro xeito! un páxaro tanto ou máis cosmopolita ca min 😉


Comentarios

Publicacións populares