Un autorretrato familiar


Esta fotografía quiteina hai uns días e a piques estiven de abandoala no máis profundo da memoria do meu móbil ou peor aínda, de eliminala.

Pero hoxe chamoume algo a atención nela que me fixo cambiar de idea e incluso atreverme a amosárvola.


Algunhas veces hai que ser algo creativos pra obter unha foto de rúa que inclúa un retrato de familia sen ter que recurrir a un posado.

Aproveitar escaparates ou grandes ventanais pode ser un bo recurso, pero pra poder saír un pouco do que é un autorretrato ou un retrato familiar hai que incluír algo externo.

O móbil sempre será unha boa ferramenta pra pasar desapercibido e os reflexos son indubidabelmentebo mellor xeito de incluír ó autor.

Xa so quedaba que pasase alguén pra incluír ese elemento externo que a faga máis de rúa. Mentres agardaba fun compoñendo pra tratar de facer figuras xeométricas e xogar coas liñas ordenando o caos dentro do posíbel. 

Unha imaxe chea de trampas e confusión que cada un debe armar na súa cabeza según a entenda. O caso e que o contraste tonal, a curiosas superposicións e esas liñas tan definidas chamáronme moito a atención tanto no seu día coma hoxe cando a atopei facendo limpeza no meu móbil.

Cámara: Oppo Find X3 Neo 5 G

Comentarios

Publicacións populares