Charla con Gonzalo Lozano, Podcast Fotógrafo Aprendiz

Por Anxo Dafonte

 

Acaba de saír publicada a parolada que mantivemos Gonzalo Lozano, un fotógrafo afeccionado (porque non vive delo) de León na que estivemos a falar sobre formación.

Gonzalo ten un podcast chamado Fotógrafo Aprendiz no que ademais de falar da súa experiencia e amosarnos como vai investigando e evolucionando no mundo da fotografía, tamén fai unhas entrevistas magníficas a fotógrafas e fotógrafos non menos espectaculares.

Por iso, pra min foi non so un pracer senón todo un honor que puidese contar comigo pra falarmos de calquera tema que el considerase.

Pero que foi o que fixo que quixese esta charla comigo? Pois todo veu por un oínte que lle pediu que falase sobre o tema e coma Gonzalo máis eu coñecémonos na Internet por ser ámbolos dous seguidores activos e que apoiamos a Jesús García Sutil mailo seu podcast El fotógrafo en el Coche e Conociendo a..., que podedes atopar na súa páxina. Coma vos dicía, Gonzalo sabe de primeira man que eu teño bastante experiencia probando plataformas educativas das cales algún día tamén vos falarei aquí, aínda que algunha xa vos soa pola publicación Expulsado da Escola! que achades nesta mesma bitácora.

Sobre a charla, debo dicir que aínda que eu estaba algo nervioso ó principio e temía unha catástrofe, Gonzalo é un tipo simpático, moi agradábel e boa xente, que soubo facerme sentir cómodo de seguido... os que me coñecedes sabedes de boa tinta que podo ser moi divertido pero de primeiras sinto moita vergoña ;)

E xa non vos entreteño con máis leria pois o mellor é que se vos interesa o tema accedades á entrevista que teño que lembrarvos que se trata dun programa radiofónico e non pensado prá televisión, así que o máis importante sería que o fagades a través da web de Gonzalo sen que por elo non deixedes de visitar a súa canle de YouTube, dárlle un "gústame", premer na campá e así a partir do de agora, se és usuario desa plataforma de vídeos, serás avisado cada vez que Gonzalo publique un novo Podcast en formato vídeo coma éste.

Pra rematar, comentarche que se che gusta o contido que publica Gonzalo, podes apoiar o seu Podcast a través da plataforma iVoox aínda que o poidas atopar en moitas máis, pero tamén (no caso de non usar esa plataforma) usando o botón que figura na súa Web onde di: "APOYAR EL PODCAST" onde podes deixar unha doazón do capital que desexes ou un pagamento recurrente equivalente a apoialo a través da plataforma de Podcasting iVoox.

Grazas pola túa atención, calquera dúbida xa sabes que cha responderei encantado nos comentarios.

Comentarios

  1. Bueno, yo no escribo en gallego, pero aún así tengo que dejarte un comentario.

    No tengo vergüenza, porque aún no me había pasado por tu blog y acabo de ver la entrada, y eso que fui yo el que te fue a buscar y tu el que amablemente accediste a grabar conmigo y así aportar tus conocimientos en esas áreas en las que yo flojeo.

    Ha sido todo un placer grabar el podcast contigo, y te estoy infinitamente agradecido por ello. Y, después de leer estas palabras, aún lo estoy más.

    Como dices, nos hemos conocido a través del podcast Conociendo a..., de Jesús García Sutil, y hemos ido entablando amistad, y es otra cosa por la que he de estar agradecido, porque tenerte como amigo es todo un placer.

    Y ya para despedirme y no hacer yo un comentario que parezca una entrada más de tu blog, voy a usar una frase conocida de otra persona que conocemos mutuamente. ¡Nos vemos en la calle!

    ResponderEliminar
  2. Muchísimas gracias, Gonzalo. No te preocupes por lo del gallego, tampoco te asustes por la traducción que igual hace Google porque a propósito le damos alguna patadita al diccionario de la RAG y nuestro gallego es un poco más arcaico y conscientemente utilizamos formas que antes eran prioritarias y hoy en día o la RAG recomienda no usarlas o las ha eliminado. Pero algunos nos negamos a que varíen de ese modo la forma de hablar de nuestros abuelos.

    Sobre el resto, podría decir mucho más... pero se convertiría esto en interminable ;) Un abrazo y gracias por comentar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario


Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.

Publicacións populares