Habelas hainas

 Por Patty Inostroza


Por moito que penses que as meigas non existen non esquezas nunca que nesta terra habelas hainas e non che é ningunha brincadeira.

A Praxa da Quintana é un lugar onde acontecen moitas cousas a cotío en moi pouco tempo e tanto se poden xuntar peóns con pombiñas, parellas de namorados con parellas de abandoados... ou mozas solitarias con bruxas de longos chapeus estudando para o exame de avaliación en Hogwarts.

A sorte foi levar un móbil para poder inmortalizar un intre tan interesante ;)

Comentarios

Publicacións populares