Na Proa

Por Anxo Dafonte

"O mundo é un pano cheo de mocos". Non me preguntes quen me dixo tal cousa pero estou seguro que algo me marcou porque non o esquezo. O caso é que ten un significado moi axeitado pra esta foto.

Esa simpática parella que sentou no que posibelmente sexa o edificio máis emblemático e icónico do Milladoiro non foi posto alí por casualidade. Por cousas do destino estaban a descansar dun paseo bastante xeitosiño que os trouxera a pé desde máis de seis quilómetros pra atoparse cun fotógrafo afeccionado ó que un condutor de autobuses levaba de aquí pra acolá cando era un rapaz noviño nun barrio conflictivo.

Así que velaí a miña homenaxe a este antigo chofer que tan so ten que escribirme un comentario aquí pra conseguir que lle mande unha copia desta fotiña tan xeitosiña coma aquel camiño que nos volveu xuntar e nos fixo pasar aquel ratiño de plática tan agradábel.

Desde aquí unha agarimosa aperta, Manolo. 

Comentarios

  1. Una muy buena historia para una buena foto!

    ResponderEliminar
  2. Sí, es precisamente eso lo que más me gusta de fotar: las historias que a veces te encuentras. En muchas salidas me encuentro gente interesante aunque no sean sujetos de mis fotos y lo bonito es cuando te los sigues cruzando y ya pasan a ser conocidos y nace cierta complicidad. Es lo bueno de fotografiar la misma ciudad una y otra vez.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario


Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.

Publicacións populares