O móbil non serve coma cámara


Pois resulta que neste mundo no que fotógrafos influíntes queren facerse un oco e tratar de destrozar á competencia, tratarán de facerche crer que non tes dereito a ser un afeccionado deste xeito de expresión se o que levas é un móbil e non outro tipo de cámara.

E será que por exemplo os máis de doce mil pixeles de lado longo dunha imaxe tan impactante coma esta non é abondo coma pra ser impresa e colgada nun salón.

Outras se callar non son tan impactantes en canto a tamaño pero aínda así seguen a superar os seis mil pixeles que adoitan ter cámaras con sensores APS-C de gamas medias e altas.

E tampouco será que a nitidez e calidade permite ver detalles coma esta lúa tan fermosa que ese día tiñamos na praia do Faro de Lariño, en Carnota (A Coruña).

Así que definitivamente podemos concluir afirmando que non, os móbiles non se poden considerar que son cámaras dignas de facer fotografías decentes.

Comentarios

Publicacións populares