Solpor de Entroido en Raxoi

Por Patty Inostroza

Traballar nunha cidade coma Santiago tamén ten as súas vantaxes e unha delas é poder dar un paseíño por esta monumental vila de camiño a casa.

Ese día estaba Anxo agardando por min e fotografando na rúa así que cando saín fun ó seu encontro na Praza do Obradoiro. De feito aparece na foto que abre esta entrada e podes xogar a atopalo se che apetece un pasatempos. A solución a poderás atopar no noso Instagram onde aparece etiquetado coma se fose un chourizo.

Mentres lle quitaba as fotos fixeime no que acontecía detrás da Casa Consistorial e pareceume un espectáculo de luz e cor.

Había un vehículo aparcado que en parte estropeaba a foto até que lle deu por marchar e aí foi cando o aproveitei nun intre que pisou o freo para poder compoñer con puntos de luz que ademais reflectían na húmida pedra do chan e dese xeito completar o contraste cromático.

Anxo tamén estivo a quitar ese día fotos coma queda demostrado na que vos comparto eu... aproveitade os comentarios para animalo a que as comparta!

Comentarios

  1. ¿Y para qué dejaste que él sacase su cámara este día? Si seguro que las que tomó son peores que estas sin duda, la próxima vez que simplemente pasee....

    ¡Bonitas fotos! ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Gonzalo, es difícil que Anxo no salga con la cámara fotográfica, si no sale con la cámara tiene el móvil y eso es difícil escondérselo, para la próxima se la escondo .
      un saludo .

      Eliminar

Publicar un comentario


Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.

Publicacións populares