Unha araña ruidosa


ANYPHAENA ACCENTUATA

Unha boa sorpresa atopar a esta pequecha no interior do ascensor do meu edificio pois estamos ante unha especie que adoita vivir en zonas húmidas e arbóreas.

Achándose en Europa e Asia Central, as femias son meirandes cos machos e aínda con esas a súa lonxitude máxima ronda os cinco a sete milímetros.

Durante o outono mailo inverno permanece agochada baixo troncos e non é doada de atopar en edificios pois gustan de vivir en árbores e arbustos preferindo as zonas húmidas. Constrúe arañeiras circulares.

Coma curiosidade, é coñecida coma a araña máis ruidosa pois ten a particularidade de zoar.

Cando a atopei só puiden distinguir un puntiño negro do pequena que é, pero a miña afección á fotografía e ansias de ver máis aló fixo que a intuición me pedira sacar o flash de man e colocalo dun xeito lateral a corenta e cinco graos pra poder captar as cores e texturas, incluido as da parede do ascensor.

Comentarios

Publicacións populares