Unha froita con moito amor
Por Anxo Dafonte
Trátase dunha especie procedente de latino américa onde se da dun xeito natural. Con todo, unha desas cousas boas que ten a globalización é poder coñecer este tipo de produtos.
Estamos ante o froito dun arbusto chamado uchuva que ten unha estrutura que asemella a un tomatiño cherry e medra ó acubillo dunha follas rubias que presentan vetas moi interesantes á hora de compoñer a nosa foto. Ó froito coñéceselle tamén coma uvilla entre outros nomes ou dun xeito máis común, coma froita do amor... Non vos parece fermoso e sobre todo moi axeitado prás datas que acabamos de sobrevivir! 😁
O caso aquí é a foto e pra quitala simplemente botei man do móbil iluminando coa propia lámpada incorporada no mesmo. Está feita a pulso e anímote a experimentar con ese dispositivo a ver a onde podes chegar e sobretodo que disfrutes moito do proceso.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.