Alá onde mires pódense agochar sorpresiñas
Por Anxo Dafonte
En ocasións vexo... bon... outros as viron en Bélmez e non pasa nada, non si?
Ben, explícovos que é isto que teño aquí. Pois nada máis e nada menos co detalle dunha parede, en concreto da fachada dun centro comercial da miña vila.
E velaí tende-la parede en cuestión. Agora xa sabedes que estamos a falar dun detalle no que tiven que achegarme á fotografía macro.
O feito é que a fixen con móbil. E non! Non teño un móbil de presumir da súa lente macro e a súa incríbel resolución de dous megapixeles. Pero, impide? Non, non impide.
Así que dádelle! Gozade da fotografía en calquera lugar e buscade a luz ata onde parece que todo é escuridade.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.