Entrevistado por Gonzalo Lozano

Por Anxo Dafonte

Prégoche que antes de dárlle ó "plei" no seguinte vídeo, leas o que che teño que dicir e que deas prioridade a velo na web do entrevistador, antes que aquí. É un xeito máis de amosarlle-lo teu apoio a un creador de contido.



Gonzalo Lozano, do que xa vos falei nesta outra publicación, lanzou un novo Podcast co que quixo contar comigo.

Daquela eu coidaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou eu que sei! calquera cousa desas das que me gusta falar cando nos liamos coa leria fotográfica.

Pero desta volta tiñame preparada unha sorpresiña, quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ve-la Fotografía, de sentila, coñecer máis ó que hai tra-los meus lentes que o que acontece diante.

Así que velaí vos deixo a entrevista que me fixo que vos recomendo visitar desde a súa propia Web e por suposto non sen lembrarvos dúas cousas:

1⁰ - Apoia o seu Podcast a través do botón que hai na súa Web e así estarás poñendo en valor o seu traballo. Costa o mesmo que invitalo a un café que ben merecido o ten.

2⁰ - Segue e suscríbete ó Podcast de Gonzalo en calquera das plataformas de Podcasting e tamén á súa canle de YouTube sen esquecer dárlle á campá pra non perderte un episodio.

Agora, se me fixeches caso, chega o momento de pasar pola Web de Gonzalo pra escoitar o olla-la entrevista que me fixo.

Comentarios

  1. ¡Que buena entrada en el blog!

    Me ha gustado mucho leerte, Anxo. Para mi fue un placer enorme recibirte en mi casa, y creo que pasamos un rato genial.

    Muchas gracias por la difusión de la charla. Te envío un abrazo enorme,

    Gonzalo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. El placer siempre es mío, Gonzalo y de hecho, me he sentido muy cómodo y ha sido una experiencia muy gratificante, pero contigo es fácil, también te lo digo. Un abrazo.

      Eliminar
  2. Buenos días
    Que decir de vosotros y de lo que se aprende solo con escucharos.
    Garcías a los dos por lo que transmitís y como lo hacéis y la paciencia con los que aún estamos a distancias siderales en conocimientos tanto técnicos como de cultura visual.

    Jose.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anxo Dafonte13:20, 08/05/22

      Primero, gracias por comentar, José, es un placer tenerte por aquí.

      Simplemente decirte que las distancias se acortan paso a paso. La Fotografía es una disciplina que te da tantas alegrías que hay que disfrutarla, sin más. En Fotografía no existe lo bueno ni lo malo, cada uno aporta su visión y tú aportas la tuya.

      Disfruta y ya. Sin preocupaciones. Busca tu camino, dirígete hacia lo que te gusta y lo demás viene poco a poco.

      Un saludo y un abrazo.

      Eliminar

Publicar un comentario


Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.

Publicacións populares