De tixeiras e bicicletas

Por Anxo Dafonte

Sempre admitirei un dos meus maiores erros fotográficos, deses que sempre lamentas cando chegas á casa.

Sempre que arrimo a cámara ó visor fágoo ca idea preconcebida do que quero conseguir e iso na rúa ás veces é cousa de décimas de segundo.

Cando vin esa bicicleta vermella tirada no chan e a combinación de cores amarela e azul da roupa desa familia, sabía que tiña que obturar porque esa imaxe podería emocionar a outra persoa igual ca min.

Algúns poden ver certa vantaxe no meu xeito de fotografar pero eu non o recomendo de todo porque haiche casos coma este no que ese costume pódeche facer arrepentir máis tarde. Xunto co feito de teres poucas follas de contacto.

O caso é que por non atentar contra a privacidade da xente e sobre todo dese menor de idade, decidín non retratalos recoñecíbeis. Non sabía por onde baixarían pero si que tiñan que formar parte da foto. Unha única exposición! Que mágoa! 

Sabía que se me pedía o pai vela foto non a ía borrar baixo ningún concepto pero se lles quitase a eles sería eu mesmo o que me achegaría e lla amosaría, pois tería ambas versións: unha pra min e pra vós e outra pra eles. Que fermoso tería sido! 

Así que queda sempre moito que aprender e tentarei correxirme neste aspecto. Lembrade que o botón de eliminar sempre está dispoñíbel nas nosas cámaras. Sempre será unha opción e falando enténdese a xente. Estou seguro de que neste caso lle ía gustar porque ademais o home parecía boa xente.

E outra cousa...

É Instagram unha rede social pra fotógrafos?

Pois eu entendo que non. De feito, unha rede social que aplica recortes tan indesexábeis coma inexplicábeis afectando considerabelmente á composición non pode ser nunca unha boa ferramenta de publicación pra fotógrafos. E teñamos en conta que non aplica tixeira no mesmo formato segundo a orientación, por exemplo 3:2 vai ser publicada enteira e 2:3 con recorte.

Non chegarei nunca a comprender que se use esa rede social en moitos casos coma porfolio. Os de Meta deberían ter xa decidido permitir calquera formato vertical pra amosar as fotos enteiras aínda que sexa nese ridículo tamaño que teñen.

Durante moito tempo botei man dos marcos, pero iso cansa, é bailar ó son da música que eles poñen e empequenecer aínda máis se cabe a nosa imaxe.

E ti que pensas? Éche Instagram a rede social dos fotógrafos? Como é que solucionas ti o problema das fotos verticais? O equipo de DESDE CÁMARA estaremos encantados e encantadas de comentar contigo e intercambiar opinións ó respecto.

Comentarios

  1. Pues respecto a lo primero que comentas, yo hubiera tirado más de una foto. Realmente tienes dos opciones, si el hombre se molesta, se la enseñas y si no le gusta la borras. O, si no te dice nada y han salido sus caras, y por algún motivo quieres utilizarla después, puedes aplicar un pequeño recorte y habrías llegado a la misma imagen que tiene ahora, o muy parecida. O bien haces varias fotos, y después utilizas para publicar aquella imagen en la que no sean reconocibles.

    En cuanto a la otra opinión, ya hemos hablado de ello algunas veces, Claramente las redes sociales no son el mejor sitio para publicar el portfolio de un fotógrafo, y mucho menos la red social Instagram, donde, a parte del problema con las proporciones a la hora de publicar, tienes el problema de la censura arbitraria. Definitivamente una red social es lo que es, y no es un escaparate para los fotógrafos.

    Un saludo!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cierto y estoy de acuerdo en lo que dices en ambos puntos. En cuanto al primero y por eso lo comento es quizás mi costumbre más analógica (donde suelo elegir bien lo que quiero hacer y en este caso quería ese plano, no me interesaba más, la foto sabía que quería esa, el tener más solamente me serviría para regalársela a ellos porque ya no sería mi idea) sumado a mis líneas rojas (nunca fotografío menores de edad reconocibles y aún de espaldas procuro que pasen años antes de publicar nada). Es un conflicto interno con el que lucho y sé que muchos también. Por eso me decidí a comentarlo y junto con aportaciones como la tuya seguramente puedan ayudar a otros fotógrafos con el mismo dilema.

      Pero ya te digo, en mi caso me la suelo jugar a un intento porque sé lo que quiero antes de obturar y no miro el resultado en cámara. Es como un reto que me he marcado desde que me he sumergido en el mundo digital. Pero son frikadas mías 😂😂 ¡Qué nadie me copie porque se perderá fotos! Díghocho eu! 😉

      Gracias por comentar, Gonzalo, es un placer siempre charlar contigo.

      Eliminar

Publicar un comentario


Deixanos aquí a túa opinión, pregunta ou suxestión.

Publicacións populares