O mostro

Por Anxo Dafonte


En primeiro lugar pídovos desculpas porque por motivos de quendas e tempo non tiven tempo pra poder investir ningún na bitácora. Isa situación non é que mellorase, pero polo menos vou tentar manter isto vivo cunha publicación aínda que sexa pequena.

Ás veces pasamos por tempadas nas que saír fotar pódesenos complicar e iso pódenos afectar moito ó ánimo. Porén, eu anímovos a buscar fotos aínda que sexa na propia casa pois alá onde mires seguro que podes facer algo interesante. Pero hai que tentalo.

Un día, facendo fotos a unha enredadeira que busca o seu espazo polo salón do meu fogar, unha delas evocoume a unha figura antropomórfica que perdía calquera característica humana cando se amosaba dun xeito realista e estático.

Polo tanto, tiven que buscarlle un movemento pra outorgarlle certo dramatismo e pra iso tiña que aumentar o tempo de exposición e cun movemento intencionado da cámara acadei unha imaxe que trata de representar un ente co intención de atraparte nunha persecución fantástica.

Só quedaba elexir o tratamento da cor e a elección dunha desaturación e dun elevado contraste pareceume o máis axeitado pra obter un resultado máis semellante a iso que eu tiña en mente.

Se che apetece comentar ou pedirme que che explique coma fixen algunha foto en particular non dubides en usar os comentarios. Unha aperta e grazas por estar aí a pesares de botar tempo sen actualizar o sitio.

Comentarios

Publicacións populares