Un novo nacemento

Anunciamos hoxe que imos desatender as redes sociais pero temos nova proposta:


Ven a vernos!!!


Este equipo e grupo de amizades e familiares afeccionados á fotografía nunca foron moi amigos das redes sociais. Pero ata o de agora ía salvando o tema iso de que todos andan por alí e que no fondo son un lugar onde podes contactar con bastante xente e ir coñecendo a máis cada día que pasa.

Pero logo de estuda-las políticas de uso e a renuncia de dereitos sobre as imaxes que xa teñen implementadas e que van ser endurecidas a partir do vindeiro 26 de xullo, tomamo-la decisión de que si, efectivamente van poder usar as nosas imaxes por todo o mundo coma queiran e compartilas, modificalas e bla, bla, bla... pero non vai ser tal como eles pensan. 

A partir de hoxe, seguiranse publicando as imaxes que tiñamos programadas ate que xa non queden... e cando as recuperemos pra este sitio, o único pró que se usarán as redes sociais é pra facer publicidade.Se nunca optaches por ler o que Meta esíxete comprometer a cambio do seu servizo, recoméndoche que lle botes unha ollada ó seguinte pantallazo.


Así pois, estarémosche moi agradecidos se continúas vindo pola nosa nova páxina que demos en chamar DESDE CAMARA INSTAntáneas na que terás unha boa benvida e ademais poderás ve-las imaxes moito mellor que nese cutre lugar.

As publicacións basearanse en instantáneas con pouca palabrería... tal e coma se fose a mesma rede social na que xa antes che gustaba seguirnos. O que quedará prás redes sociais será meramente publicitario, polo tanto, se continúas nelas e non nos deixas de seguir, tamén estarás ó tanto das nosas cousiñas.

Grazas por apoiarnos nesta nova etapa e moitas apertas.

Comentarios

Publicacións populares