Legal

Toda a OBRA FOTOGRÁFICA e TEXTOS que publicados en todo o sitio DESDECAMARA.COM e derivados, pertencen ás súas autoras e ós seus autores e polo tanto, tódolos dereitos están reservados. Pra calquera ampliación de condicións e licencias sobre a citada OBRA FOTOGRÁFICA e LITERARIA ten que ser obtida de xeito explícito e por escrito podendo usar o formulario de contacto tanto pra elo coma pra calquera outra consulta.




O sitio DESDE CÁMARA e todos os seus derivados está aloxado na plataforma de Blogger que pertence a Google Inc., sendo administrado e xestionado por ANXO DAFONTE.

Os servizos de cookies e recollida de datos de comentarios son levados a cabo polos servizos de Google e polo tanto, ao navegar, comentar ou pórte en contacto coa administración da bitácora ou con calquera dos seus colaboradores, aceptas todas as políticas de privacidade propostas por Google, Inc.

Cando te comunicas mediante o formulario falo expresamente co administrador do sitio (ANXO DAFONTE) o cal, no caso de que a túa consulta sexa dirixida a calquera dos colaboradores, reenviará o teu comentario ao destinatario correcto que usará o teu enderezo de correo electrónico pra dárche resposta, motivo polo cal, no formulario de contacto é obrigatorio deixar ese dato persoal. Aínda que o teu nome non sexa tamén obrigatorio, non viría mal especificar polo menos o xeito na que nos poderiamos dirixir a ti.

Nin DESDE CÁMARA nin ningún colaborador garda datos persoais de ningún tipo. Ao non facer vendas nin practicar ningunha outra actividade comercial non se che solicitará por ningún medio ningún dato de pagamento.

Fóra destos termos, se queres saber máis sobre as políticas de privacidade de Google Inc. e do tratamento que fai dos teus datos persoais así coma o tipo de cookies que usan e como podes xestionalas, podes usar as seguintes ligazóns pra que che sexa sinxelo atopar a información que precisas:

Sobre os dereitos de autor

A normativa internacional protexe os dereitos de autor e de imaxe desde o mesmo intre no que se xenera a obra.

Cada autor resérvase o dereito de modificar ou adaptar as licencias de cada unha das súas publicacións. Cando non se indica nada na publicación enténdese que todos os dereitos están reservados.

Pra resolver dúbidas, na sección Colaboradores dispós de ligazóns ao perfil e a un xeito directo de contacto que se podería usar entre outras cousas pra solicitar ampliacións de licencia.

Xurisprudencia

No caso de existise algún problema derivado do incumplimento dalgún dereito e houbese que recurrir ás instancias xudiciais faránse sempre baixo a xurisprudencia dos Xulgados de Santiago de Compostela téndose que desprazar todas as partes a esos xulgados no caso de que a presenza fose esixida polas autoridades.

O visitante do sitio, ao navegar polo mesmo, acepta entender e estar totalmente dacordo coas súas politicas de privacidade, de cookies e cos presentes textos legais.

Agradecemos enormemente as túas visitas e o tempo que pasas por aquí connosco e quixeramos tamén aproveitar este aviso pra deixarte un afectuoso saúdo.
En el caso de que existiese algún problema derivado del incumplimiento de algún derecho y hubiese

 

Apertas,

O equipo





Publicacións populares